miércoles. 23.06.2021 |
El tiempo
miércoles. 23.06.2021
El tiempo

A chuvia dará paso á apertura dalgúns claros pola tarde

Durante este luns a situación será intermedia entre un anticiclón situado ao oeste de Galicia e unha borrasca centrada ao norte de Alemaña. Deste xeito a xornada estará caracterizada polos chuvascos, máis frecuentes pola mañá, con ceos moi cubertos á primeira hora e con apertura de claros segundo avance o día. Pola noite, volverán aumentar as nubes e as precipitacións polo noroeste. 

Así o recolle a predición de Meteogalicia, que prevé que as temperaturas experimenten un lixeiro ascenso. Os ventos soprarán do noroeste, frouxos no interior, moderados na costa.

Entre as principais cidades galegas, as temperaturas mínimas oscilarán entre os 6 graos de Lugo e Ourense e os 10 da Coruña e Ferrol, e as máximas entre 11 en Lugo e 15 en Ourense e Pontevedra. 

A chuvia dará paso á apertura dalgúns claros pola tarde
Comentarios