domingo. 15.12.2019 |
El tiempo
domingo. 15.12.2019
El tiempo

As chuvias continuarán en Galicia este martes

Un momento do clima no martes. METEOGALICIA
Un momento do clima no martes. METEOGALICIA
As temperaturas comezarán baixas, pero irán aumentando conforme avance o día

O martes un centro de baixas presións situarase ao noroeste de Galicia. Deste xeito, os ceos estarán cubertos e as precipitacións serán xeneralizadas, máis persistentes e intensas na segunda metade do día.

As temperaturas comezarán baixas, pero irán aumentando conforme avance o día, acadándose as máximas ao final da xornada.

O vento soprará do suroeste, aumentando progresivamente ata acadar refachos fortes en toda a Comunidade durante a tarde.

Meteogalicia

As chuvias continuarán en Galicia este martes
Comentarios