lunes. 06.04.2020 |
El tiempo
lunes. 06.04.2020
El tiempo

A CIG cre que a folga indefinida no sector das ambulancias é "inevitable"

Protesta dos traballadores das ambulancias. TWITTER (@galizaCIG)
Protesta dos traballadores das ambulancias. TWITTER (@galizaCIG)

O sindicato xa prevía "un conflito longo e duro"

O responsable da  FGAMT-CIG de Lugo,  Christian López  Carmona, considera que "a día de hoxe" é "inevitable" a folga indefinida no sector das ambulancias, cuxo inicio está previsto para o 20 de marzo, porque a patronal segue instalada nunha actitude "totalmente irresponsable".

Desde o seu punto de vista, están a cumprirse ao pé da letras as previsións realizadas polos sindicatos antes de iniciar as mobilizacións, porque a CIG sempre tivo claro que ía ser "un conflito longo e duro", pola postura de "empresarios temerarios".

López Carmona participou este martes en Monforte de Lemos nunha concentración de traballadores do servizo de transporte sanitario urxente que tivo lugar ante o Hospital Comarcal, e que se uniron á que previamente convocara a propia xunta de persoal do centro sanitario en defensa da sanidade pública.

"Estamos dispostos a seguir denunciando a situación de precariedade que viven os traballadores", dixo  Carmona, conscientes de que o camiño "será longo e duro", porque a propia "irresponsabilidade" da patronal está "a alongar o conflito".

Asegurou que o ánimo segue intacto entre os traballadores, porque se están "cumprindo todas as fases" do que é "un conflito laboral destas características". Se non hai solución esta semana, lembrou, a próxima comezará a "folga indefinida", despois de tres semanas de paros "descontinuos". 

A CIG cre que a folga indefinida no sector das ambulancias é...
Comentarios