martes. 22.09.2020 |
El tiempo
martes. 22.09.2020
El tiempo

Os claros ábrense paso en Galicia este xoves

METEOGALICIA
METEOGALICIA

Tras as choivas e as tormentas dos últimos días, Galicia verá este xoves como se abre algo o ceo. Será sobre todo pola tarde, porque pola mañá seguen presentes as nubes e poden chegar a rexistrarse algunhas precipitacións.

Atendendo ás previsións de Meteogalicia, o vento soprará frouxo de compoñente oeste, con intervalos de moderado no litoral norte. En canto aos termómetros, as temperaturas mínimas experimentarán un moderado descenso e as máximas seguirán sen cambios significativos ou terán lixeiros ascensos. 

Así as cousas, nas cidades galegas as temperaturas máximas subirán ata os 29 graos en Ourense, mentres que Lugo quedará nos 24. Vigo, Pontevedra e Santiago roldarán os 23 e A Coruña e Ferrol, os 21. A mínima máis fresca rexistrarase precisamente na capital ourensá, con 13 graos, un menos que en Lugo e Pontevedra.

Os claros ábrense paso en Galicia este xoves