Os claros tratarán de facerse un oco nos ceos galegos este martes

As temperaturas mínimas experimentarán un moderado ascenso
Xente paseando e nas terrazas en Lugo. XESÚS PONTE
photo_camera Xente paseando e nas terrazas en Lugo. XESÚS PONTE

Aínda durante as primeiras horas da día notaremos o paso da fronte fría, polo que comezaremos a xornada con nubes baixas e chuvias que irán remitindo co avance da mañá. Pola tarde quedaremos con alternancia de nubes e claros, coa posibilidade dalgún chuvasco xa moi illado e ocasional.

As temperaturas mínimas experimentarán un moderado ascenso, mentres que as máximas quedarán sen cambios significativos. Os ventos soprarán frouxos, do suroeste pola mañá tomando pola tarde dirección noroeste.

meteo

Comentarios