Emilio Cao: ''Aprendí a cocinar por responsabilidad''

O arpista compostelao Emilio Cao comeza o día 21 de maio, en Ourense, a xira "Interseccións: A ollada de Novoneyra" na que xungue a sua música cos poemas do escritor homenaxeado no Día das Letras Galegas, algúns deles recitados por la filla do poeta, Branca.
O espectáculo percorrerá Galicia até o día 1 de xuño.

 

 

Pregunta: ¿Cál é a sua comida favorita e cál a que menos lle gosta?

Resposta: O que máis é o caldo galego e non hai nada que me disguste realmente, si acaso a coliflor.

P: ¿Cál é a sua bebida preferida y cál a que menos pide?

R: A auga é a mellor y o que menos me gosta é o tequila pois probeino duas veces e produciume o peor mareo dos que eu lembro de calqueira bebida alcohólica.

P: ¿Ten unha sobremesa favorita? ¿de quén?

R: O doce que máis me gusta de todos é o flan de café do restaurante "Entrerrúas" de Compostela e, en xeral, o arroz con leite.

P
: Na cociña, ¿qué prato se lle da mellor?

R: Fago ben o peixe á prancha pero ós guisos aínda non lles collín o punto pois sou un cociñeiro básico e tardío, que chegou ós fogons fai nove anos para atender as necesidades do meu fillo desa idade, vamos que aprendín a cociñar por responsabilidade.

P: ¿Comidas de dous pratos e sobremesas ou mellor tapeo?

R: Sou de horarios e comidas establecidas aínda que os meus problemas gástricos me levan a tomar froita e auga antes do demáis e logo fago a comida na que procuro que haxa moito peixe e verduras.

P: ¿Carne o peixe?

R: Sou máis de peixe pero de cando en vez o corpo pídeme carne e doulle un bó chuletón.

P
: Entre os alimentos favoritos ¿hai algún imprescindible?

R: O chocolate en todalas suas variantes y sempre vivo o conflicto entre telo ou non na casa pois ó meu fillo gostalle pero a mín tamén así que procuro telo para él.

P: ¿Sorprendeulle gratamente algún prato que non coñecía?

R: Pois sí, e a última ocasión foi o día 17 de maio en Monforte, onde tras unha actuación nos ofreceron un pequeno xantar con postres árabes e aí descubrín gratamente unhas empanadiñas de arroz e mel que me pareceron boísimas.

P: ¿E alguna sorpresa desagradable nalgún xantar?

R: Sorpresa desagradable non lembro pero sí teño claro que non me gustan as salsal da cociña xaponesa.

P: ¿Quén ou qué está para comelo?

R: A liberdade e o disfrute da vida.

P: Polo contrario, ¿quén ou qué rillarías por unha perna?

R
: A hipocresía e ós que van do que non son.

P: ¿É dos que pensan que somos o que comemos?

R: Sí, penso que comer ten que ser un acto totalmente conscente.

Comentarios