Entrada de aire frío en Galicia no último día de agosto

A partir do mediodía produciranse chuvascos tormentosos
METEOGALICIA
photo_camera METEOGALICIA

A situación meteorolóxica do último día de agosto quedará marcada en Galicia por unha situación indefinida en superficie e a entrada de aire frío en capas medias e altas da atmosfera. 

Isto, segundo prognostica Meteogalicia, deixará os ceos con intervalos de nubes medias e altas e chuvascos tormentosos a partir do mediodía, estendéndose tamén na madrugada do mércores. Repetiranse as néboas no litoral atlántico. 

As temperaturas non terán cambios significativos. Os ventos soprarán do nordés no extremo norte e frouxos variables no resto, con réxime de brisas no litoral atlántico pola tarde.
 

Temperaturas mínimas e máximas
A Coruña            17º         26º
Ferrol                  16º         26º 
Lugo                   15º         25º
Ourense             19º         32º
Pontevedra        17º         26º
Santiago            16º         26º
Vigo                    17º         25º

Comentarios