miércoles. 27.01.2021 |
El tiempo
miércoles. 27.01.2021
El tiempo

Frío e choivas para o primeiro domingo do ano

METEOGALICIA
METEOGALICIA

Unha nova xornada de frío espera aos galegos no primeiro domingo do ano 2021, para o que Meteogalicia tamén anuncia precipitacións, máis frecuentes e intensas na metade norte da comunidade.

E é que os ventos do norte seguen traendo aire moi frío e choiva, de modo que a cota de neve comezará a xornada entre os 600 e os 700 metros e irá caendo ata quedar pola noite entre os 400 ou 500. Así as cousas, a montaña de Lugo está en alerta amarela ante a previsión de que se poden acumular máis de cinco centímetros en 24 horas.

As temperaturas mínimas, nun día no que se repetirán as xeadas no interior, moveranse na Galicia urbana entre o grao previsto en Pontevedra, Vigo e Lugo, e os 6 da Coruña. Esa será precisamente a máxima de Lugo, mentres que Vigo e Ferrol alcanzarán os 11 graos. Pontevedra roldará os 10.

Frío e choivas para o primeiro domingo do ano