domingo. 15.12.2019 |
El tiempo
domingo. 15.12.2019
El tiempo

Frío e chuvioso venres

O tempo previsto para este venres. METEOGALICIA
O tempo previsto para este venres. METEOGALICIA
A cota de neve moverase entre os 800 e os 1.000 metros

Galicia continuará este venres na influencia da borrasca fría localizada ao norte da península Ibérica, que tenderá a debilitarse ao longo da xornada. 

Deste xeito os ceos estarán moi nubrados no norte, abríndose máis claros no sur; os chuvascos serán máis frecuentes na metade norte, onde poderían ir acompañados de saraiba, sendo máis ocasionais no sur. 

A cota de neve moverase entre os 800 e os 1.000 metros. As temperaturas non terán cambios, polo que a sensación continuará sendo de frío. Os ventos soprarán fortes de compoñente norte no litoral e zonas altas do interior e moderados no resto.

Temperaturas mínimas e máximas previstas nas cidades:
A Coruña 9º 11º, Ferrol 8º 12º, Lugo 4º 8º, Ourense 6º 12º, Pontevedra 5º 13º, Santiago 5º 9º, Vigo 8º 12º. 

Frío e chuvioso venres
Comentarios