Unha fronte chega este venres a Galicia e deixará nubes no norte

Podería haber algún orballo ocasional mentres no sur os ceos estarán despexados
Dous bañistas na praia da Rapadoira en Foz. CARLOS CASTRO
photo_camera Dous bañistas na praia da Rapadoira en Foz. CARLOS CASTRO

O norte de Galicia agarda a chegada dos restos dunha fronte que deixará ceos nubrados con posibilidade dalgún orballo ocasional. No sur, os ceos estarán pouco nubrados ou despexados, con nubes de evolución e chuvascos pola tarde no interior.

Segundo a previsión de Meteogalicia, os ventos soprarán do nordés frouxos con intervalos moderados no interior, e con intervalos fortes entre Estaca de Bares e Fisterra. As temperaturas sufrirán un lixeiro descenso. Ourense e Pontevedra manterán temperaturas cálidas con máximas de 29ºC. A Coruña rexistra a máxima máis baixa, con 21ºC.

09/07 11:42 #AEMET adelanta #FMA costeros en Galicia. Activos PASADO MAÑANA. Nivel máx amarillo. Imagen del mapa de avisos en vigor a las 11:42 Para ver una tabla de avisos actualizada haga CLIC EN LA IMAGEN o visite https://t.co/JiRymofOY1 https://t.co/pPmzS6CDiy

— AEMET_Galicia (@AEMET_Galicia) July 9, 2020
Así, as temperaturas previstas para este venres son as seguintes: Lugo (13/22ºC), Pontevedra (17/29ºC), A Coruña (17/21ºC), Santiago (15/22ºC) e Ourense 15/29ºC). 

Comentarios