Unha fronte deixará choivas o venres en toda Galicia

As temperaturas sufrirán un lixeiro descenso,
Previsión para este venres. METEOGALICIA
photo_camera Previsión para este venres. METEOGALICIA

Unha fronte chegará a Galicia polo noroeste durante a mañá do venres e irase desprazando cara ao sueste co avance do día.

Así, segundo o prognóstico de Meteogalicia, espéranse ceos parcialmente cubertos, con choivas que comezarán pola mañá na provincia da Coruña e que a partir do mediodía irán chegando ao resto da comunidade autónoma.

As temperaturas sufrirán un lixeiro descenso, e os ventos soprarán pola mañá do suroeste, rolando a noroeste ao paso da fronte, frouxos en xeral, moderados na costa.

Os principais indicadores das temperaturas son os seguintes:

A Coruña 15° 20°; Ferrol 15° 21°; Lugo 11° 19°; Ourense 14° 22°; Pontevedra 15° 23°; Santiago de Compostela 14° 21°; Vigo 15° 22°.

Comentarios