Unha fronte fría cruzará este mércores Galicia deixando choivas en todo o territorio

Previsión do tempo para este mércores en Galicia.METEOGALICIA
photo_camera Previsión do tempo para este mércores en Galicia.METEOGALICIA

Os ceos estarán cubertos con choivas que chegarán a toda a comunidade autónoma e que serán máis intensas e persistentes durante as primeiras horas na provincia da Coruña e a partir do mediodía nas provincias de Pontevedra e Ourense.

As temperaturas experimentarán un ascenso, máis notable nos valores mínimos.

O vento soprará do suroeste, aínda que forte nas primeiras horas do día e irá amainando co avance da xornada para quedar frouxo á noite.

Temperaturas 
A Coruña 16° 20°
Ferrol 17° 19°
Lugo 12° 16°
Ourense 15° 18°
Pontevedra 16° 19°
Santiago de Compostela 14° 16°
Vigo 17° 18°

Comentarios