domingo. 07.03.2021 |
El tiempo
domingo. 07.03.2021
El tiempo

Unha fronte procedente do Atlántico deixará chuvias ao seu paso por Galicia

Predicción meteorolóxica do xoves 27. METEOGALICIA
Predicción meteorolóxica do xoves 27. METEOGALICIA

Unha fronte pouco activa irase achegando a Galicia durante este día e comezará a atravesar a Comunidade cara a noite.

Así, agárdanse ceos cubertos na metade oeste, con posibilidade dalgunha chuvia feble e ocasional e con apertura de claros na metade leste.

Xa pola noite teremos chuvias ocasionais na provincia de Ourense, pero xeneralizadas no resto. As temperaturas mínimas non terán cambios significativos, mentres que as máximas descenderán lixeiramente.

O vento soprará do suroeste durante o día, rolando a noroeste pola noite, frouxos en xeral, moderados no litoral norte.

Captura de pantalla (7)

Fonte: METEOGALICIA

Unha fronte procedente do Atlántico deixará chuvias ao seu paso por...
Comentarios