Galicia agarda un luns moi frío

As temperaturas non terán cambios significativos

Galicia atoparase durante esta xornada baixo os efectos dunha baixa, localizada no Golfo de Biscaia, non moi activa, pero si moi fría. Isto quere dicir que agardamos un día de ceos parcialmente cubertos, con chuvascos máis frecuentes no terzo norte e máis illados e ocasionais no resto. A cota de neve situarase nos 400-500 metros.

As temperaturas non terán cambios significativos, con lixeiro descenso das mínimas, polo que continuarán as xeadas xeneralizadas e a sensación de frío durante o día. Os ventos soprarán de compoñente norte, con pouca intensidade.

meteogalicia

Comentarios