Galicia alcanzará este xoves temperaturas máximas de 35ºC

A nosa comunidade mantense baixo influencia anticiclónica
Mujer se refresca en Ourense. EFE.
photo_camera Mujer se refresca en Ourense. BRAIS LORENZO.

Galicia permanecerá este xoves baixo influencia anticiclónica, polo que se esperan temperaturas altas principalmente no sur de Galicia, onde as máximas alcanzarían os 35º, e ceos despexados, mentres o vento soprará forte no litoral coruñés.

Tamén a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) prevé para este xoves temperaturas altas no sur de Galicia e ventos fortes na costa. Estará activa a alerta amarela por temperaturas superiores aos 34 graos na área litoral de Pontevedra e na zona de Baixo Miño. 

No caso de Lugo,  o ceo da zona norte estará nubrado con nubes baixas ao principio e ao final do día e con algunha bruma ou banco de néboa matinal illado, tendendo a pouco nubrado durante as horas centrais. 

Os principais indicadores das temperaturas para este xoves son os seguintes:
A Coruña 17° 25°, Ferrol 16° 25°, Lugo 14° 26°, Ourense 16° 35°, Pontevedra 19° 35°, Santiago de Compostela 14° 28°, Vigo 19° 35°.

Comentarios