Galicia vive este sábado o seu día con tempo anticiclónico, aínda que a xornada se iniciará con algúns bancos de néboa en zonas do interior e brumas costeiras. Pola tarde darán paso a ceos pouco nubrados ou despexados, atendendo ás previsións de Meteogalicia.
As temperaturas non experimentarán grandes cambios, excepto nas Rías Baixas, porque alí as néboas provocarán un descenso. Así as cousas, as máximas moveranse entre os 21 graos da Coruña e os 34 de Ourense. Lugo rexistrará a mínima máis fresca, de 13 graos.
Ferrol 16° 22°
Lugo 13° 29°
Ourense 16° 34°
Pontevedra 16° 26°
Santiago 16° 27°
Vigo 15° 23°
A situación meteorolóxica pode cambiar un pouco na mañá do domingo, aínda que as proxeccións de Meteogalicia anuncian que os ceos despexados se imporán despois.
Con tempo estival, a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) apunta que este fin de semana se poderían superar os 38 graos nalgúns puntos do interior da comunidade.