Galicia despedirá o ano este martes con frío, pero sen choivas

Espérase unha xornada de Noitevella de ceos despexados e temperaturas máximas en descenso 
Mapa coa previsión de Meteogalicia. EP
photo_camera Mapa coa previsión de Meteogalicia. EP

A estabilidade predominará na atmosfera galega, pero unha pequena borrasca que se localizará ao sur de Inglaterra podería introducir algunhas nubes polo noroeste. Así, espérase unha xornada de Noitevella con nubes baixas na provincia da Coruña e moitas néboas no interior mentres que no resto o ceo continuará pouco anubrado ou despexado. 

Segundo a información publicada por Meteogalicia, dependente da Consellería de Medio Ambiente, o vento soprará frouxo de dirección variable. Pola súa banda, as temperaturas mínimas non experimentarán cambios, de novo con xeadas no interior; mentres que as máximas descenderán moderadamente. 

Deste xeito, nas cidades galegas as máximas subirán até os 15 graos en Vigo e Pontevedra, mentres que os valores mínimos descenderán até o cero graos en Lugo e un grao en Ourense. 

Comentarios