viernes. 03.07.2020 |
El tiempo
viernes. 03.07.2020
El tiempo

Galicia espera precipitacións puntualmente fortes pola tarde

Mapa da previsión do tempo para este domingo en Galicia.METEOGALICIA
Mapa da previsión do tempo para este domingo en Galicia.METEOGALICIA

Galicia arrincará o día cun tempo pouco nubrado ou despexado con intervalos de nubes altas, excepto no litoral onde haberá intervalos de nubes baixas de madrugada, sobre todo na Mariña e extremo norte da Coruña onde tardarán máis en disiparse e non se descarta que vaian acompañadas de brumas e bancos de néboa matinais.

Durante a segunda metade do día, aumento da nebulosidade de evolución ata quedar nubrado ou con intervalos nubrados, máis abundantes no interior, onde son probables chuvascos tormentosos puntualmente fortes e acompañados de saraiba que de forma dispersa e con menor intensidade pódense estender a zonas próximas á costa.

Temperaturas mínimas en aumento en Lugo e no norte da Coruña e Ourense e con cambios lixeiros no resto. Máximas en descenso, excepto na Mariña e extremo norte da Coruña onde se manterán con poucos cambios. Vento frouxo variable.

TEMPERATURAS MÍNIMAS E MÁXIMAS NAS PRINCIPAIS CIDADES
A Coruña     18°     25°

Ferrol     17°     28°

Lugo     13°     30°

Ourense     17°     33°

Pontevedra     16°     28°

Santiago de Compostela     17°     29°

Vigo     16°     27°

Galicia espera precipitacións puntualmente fortes pola tarde
Comentarios