Galicia espera unha tarde de choiva

Mapa da previsión do tempo para este sábado en Galicia.METEOGALICIA
photo_camera Mapa da previsión do tempo para este sábado en Galicia.METEOGALICIA

En Galicia mantense certa inestabilidade para o sábado, polo que a xornada seguirá marcada polos chuvascos, que serán máis frecuentes e intensos pola tarde, especialmente en zonas de interior.

As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso mentres que as máximas quedarán sen cambios ou ascenderán lixeiramente. O vento soprará frouxo de dirección variable, collendo compoñente norte ao final do día.

TEMPERATURAS MÍNIMAS E MÁXIMAS PREVISTAS PARA ESTE SÁBADO
A Coruña     12°     16°

Ferrol     11°     18° 

Lugo     6°     17°

Ourense     8°     20°

Pontevedra     10°     17°

Santiago de Compostela     11°     16°

Vigo     10º     18

Comentarios