viernes. 23.04.2021 |
El tiempo
viernes. 23.04.2021
El tiempo

Galicia estrea a primavera coas temperaturas en descenso

METEOGALICIA
METEOGALICIA

A primavera chega este sábado —ás 10.37 horas, exactamente— con temperaturas máis frescas que as dos últimos días do inverno, froito dun descenso que continúa nesta xornada coa chegada dunha masa de aire moi frío. Meteogalicia apunta, de feito, que a sensación de frío aumentará debido ao "intenso e persistente" vento do nordés.

As súas previsións anuncian un día de ceos pouco nubrados ou despexados, con intervalos de nubes baixas pola mañana no terzo norte da comunidade. O sol non evitará a baixada dos termómetros, cunhas mínimas que nas cidades galegas moveranse entre os 2 graos de Lugo e Ourense e os 7 da Coruña, Vigo e Ferrol. En canto ás máximas, estarán entre os 11 graos da capital lucense e os 18 da cidade olívica.

Temperaturas mínimas e máximas previstas
A Coruña       7°     12°    
Ferrol             7°     12°    
Lugo              2°     11°
Ourense        2°     16°    
Pontevedra   5°     16°    
Santiago       6°     13°
Vigo               7°     18°

 

Meteogalicia mantén en alerta amarela a costa da provincia da Coruña por vento do nordés que pode chegar a ter forza 7.

Galicia estrea a primavera coas temperaturas en descenso