Galicia inicia a semana en alerta polo vento, as ondas, a chuvia e as nevadas

Unha nova borrasca atlántica, chamada Karine, levou a activar alertas para este luns en Galicia polo vento, a choiva, a ondada e a neve, atendendo á predición da Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet).

Espérase que Karine e a súa fronte asociada, moi activa, atravese rapidamente toda a Península este luns. Así, entrará por Galicia e irase estendendo cara ao leste de España, dando ao seu paso ceos nubrados ou cubertos e precipitacións xeralizadas, con tormentas ocasionais. 

As choivas poden ser localmente fortes ou persistentes nas primeiras horas, sobre todo nas provincias de Pontevedra e Ourense, en alerta por ese motivo.

Tamén haberá precipitacións en forma de neve nas montañas de Lugo e Ourense, en aviso porque se poden acumular máis de cinco centímetros nesas zonas. A cota de neve situarase nos 1.000 metros pola mañá e baixará ata os 800 ao longo do día. 

As zonas altas tamén serán as que, pasada unha madrugada de rachas case xeralizadas, máis noten o vento, que pode superar os 100 kilómetros por hora.

Igualmente, no mar rexistraranse fortes ondadas de máis de 5 metros altura con fortes ventos.

En canto ás temperaturas, as mínimas non experimentarán cambios significativos, mientres que as máximas terán un lixeiro descenso.