domingo. 19.09.2021 |
El tiempo
domingo. 19.09.2021
El tiempo

Galicia mantén a influencia anticiclónica pero con probabilidade de tormentas

Unos surfistas hacen ejercicios al atardecer en la orilla de la playa de Emelle de Ferrol. Kiko Delgado (EFE)
Uns surfistas fan exercicios ao atardecer na praia de Emelle, en Ferrol. Kiko Delgado (EFE)
Baixan lixeiramente as temperaturas, que ascenden no norte de Lugo ► No litoral atlántico formaranse néboas localmente persistentes

Galicia continuará este xoves baixo influencia anticiclónica, con circulación do nordés, menos intenso que en xornadas anteriores.

Así, prognostica Meteogalicia, os ceos estarán con nubes de tipo medio e alto que pola tarde deixarán chuvascos de carácter tormentoso máis probables no interior da comunidade, concretamente en Lugo e Ourense.

No litoral atlántico formaranse néboas localmente persistentes

As temperaturas mínimas quedarán sen cambios e as máximas sufrirán un lixeiro descenso, excepto no norte de Lugo onde ascenderán lixeiramente. 

Os ventos soprarán moi frouxos de compoñente sur, manténdose o nordés no litoral norte, fortes na contorna de Bares.

Temperaturas
A Coruña: 18° - 25°
Ferrol: 18° - 28°
Lugo: 16° - 30°
Ourense: 17° - 36°
Pontevedra: 17° - 26°
Santiago: 16° - 29°
Vigo: 17° - 24°

Galicia mantén a influencia anticiclónica pero con probabilidade de...
Comentarios