Galicia poderá acadar este mércores os 37ºC

A comunidade continúabaixo a influencia das altas presións
Xente gozando da calor nas praias este verán. JAVIER CERVERA
photo_camera Xente gozando da calor nas praias. JAVIER CERVERA

Non se esperan cambios significativos para este mércores, pois Galicia seguirá baixo a influencia das altas presións. Así, os ceos permanecerán pouco nubrados ou despexados en xeral, con algunhas néboas costeiras. As temperaturas quedarán sen cambios ou con lixeiros ascensos, excepto nas Rías Baixas, onde descenderán pola entrada de néboas. O vento soprará frouxo de compoñente norte. 

As temperaturas previstas nas cidades son as seguintes: 
A Coruña 19° 22° 
Ferrol 16° 24° 
Lugo 15° 33° 
Ourense 18° 37° 
Pontevedra 18° 28° 
Santiago de Compostela 16° 31° 
Vigo 17° 26°

Comentarios