Galicia segue baixo a influencia anticiclónica

Tiempo martes 25. METEOGALICIA
photo_camera Tiempo martes 25. METEOGALICIA

Galicia manteráse baixo a influencia anticiclónica aínda que unha fronte moi pouco activa chegará ao litoral atlántico co avance do día. Con esta situación, haberá ceos pouco nubrados ou despexados na metade leste, mentres que no oeste os ceos permanecerán parcialmente cubertos, con máis nubes na Costa da Morte.

As temperaturas mínimas non experimentarán cambios significativos, mentres que as máximas descenderán no litoral atlántico e ascenderán na Mariña. Os ventos soprarán do suroeste, frouxos en xeral, moderados no litoral norte.

Captura de pantalla (6)

Fonte: METEOGALICIA

Comentarios