miércoles. 21.10.2020 |
El tiempo
miércoles. 21.10.2020
El tiempo

Galicia vive un venres con poucas nubes

METEOGALICIA
METEOGALICIA

Galicia permanece este venres baixo a influencia das altas presións con ventos de compoñente sur. Así, as previsións anuncian unha xornada de ceo pouco nubrado, con nubes de tipo alto. 

Atendendo á información publicada por Meteogalicia, as temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro descenso, con algunhas xeadas illadas en zonas do interior. Mentres, as máximas terán un leve ascenso nalgúns puntos da comunidade. Así as cousas, estas moveranse entre os 15 graos de Lugo e os 21 de Pontevedra.

O vento soprará frouxo de compoñente sur, aínda que a intensidade irá aumentando co avance da xornada no litoral atlántico.

Temperaturas mínimas e máximas previstas
A Coruña      9°     18°    
Ferrol            7°     19°    
Lugo             4°     15°
Ourense       7°     20°    
Pontevedra  9°     21°    
Santiago      7°     16°
Vigo            10°     20°

Galicia vive un venres con poucas nubes