miércoles. 24.02.2021 |
El tiempo
miércoles. 24.02.2021
El tiempo

Galicia vivirá outra xornada con influencia anticiclónica

A Lanzada. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
A Lanzada. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
Persiste o anticiclón das Azores na nosa comunidade, que experimentará outra xornada de elevadas temperaturas 

Galicia continuará este xoves con influencia anticiclónica e con presenza de aire frío en capas altas da atmosfera, segundo informa Meteogalicia.

En xeral os ceos estarán despexados, con algunha nube ao norte e con nubes de evolución e chuvascos localmente treboentos pola tarde no interior.

O vento soprará de compoñente norte frouxo con intervalos moderados. Pola súa banda, as temperaturas non terán cambios significativos, con lixeiros descensos das máximas. Con todo, A Coruña será a única con máximas inferiores aos 24ºC e Ourense continuará sendo a provincia máis calorosa, especialmente na comarca de Valdeorras, na cal se agardan temperaturas de ata 34ºC.

Así, as temperaturas previstas para o día de hoxe son as seguintes: Lugo (16/24ºC), Pontevedra (15/25ºC), A Coruña (19/22ºC), Santiago (15/25ºC) e Ourense (16/32ºC).

Galicia vivirá outra xornada con influencia anticiclónica
Comentarios