martes. 12.11.2019 |
El tiempo
martes. 12.11.2019
El tiempo

Galicia vivirá as últimas rabexadas do verán

Previsiones meteorolóxicas para este venres.METEOGALICIA
Previsiones meteorolóxicas para este venres.METEOGALICIA

Galicia continuará este venres baixo influencia das altas presións, de modo que se esperan ceos pouco nubrados ou despexados en xeral.

O prognóstico meteorolóxico especifica que en todo caso pola tarde crecerán as nubes de evolución no sur e este, con probabilidade dalgún chuvasco illado e ocasional xa de noite. Na Mariña lucense iranse formando nubes de estancamento.

As temperaturas ascenderán, especialmente as mínimas, e os ventos soprarán do nordeste, frouxos con intervalos de moderado no litoral e no terzo norte.

TEMPERATURAS

A Coruña 17° 26°

Ferrol 18° 25°

Lugo 11° 26°

Ourense 14° 34°

Pontevedra 17° 34°

Santiago de Compostela 16° 30°

Vigo 21° 33°

Galicia vivirá as últimas rabexadas do verán
Comentarios