A influencia anticiclónica sobre Galicia refórzase este martes

As temperaturas ascenderán, especialmente as máximas na metade sur

Refórzase a influencia anticiclónica sobre Galicia, con entrada de aire algo máis cálido. Así, comezaremos o día con intervalos de nubes baixas no terzo norte e néboas no interior, que darán paso a unha xornada de ceos pouco anubrados ou despexados en xeral.

As temperaturas ascenderán, especialmente as máximas na metade sur. O vento soprará frouxo de compoñente norte, máis intenso pola tarde nas Rías Baixas.

Meteogalicia

Comentarios