Martes de ceos cubertos e moita choiva

Previsión para este martes. EP
photo_camera Previsión para este martes. EP

Un centro de baixas presións situarase ao norte de Galicia este martes, polo que se espera un día de ceos cubertos con choivas.

Durante a primeira metade do día as choivas serán especialmente cuantiosas na metade oeste e zona alta e a partir do mediodía irán perdendo intensidade e terán carácter intermitente.

As temperaturas ascenderán lixeiramente. O vento soprará forte do suroeste, baixando en intensidade co avance do día.

Estas son as temperaturas mínimas e máximas previstas nas principais cidades:

A Coruña 9°/15°; Ferrol 9°/16°; Lugo 7°/15°; Ourense  9°/18°; Pontevedra 7°/16°; Santiago de Compostela 7°/15°; Vigo 10°/16°

Comentarios