Mércores asollado con máximas próximas aos 20 graos

A oscilación térmica será notable
Previsión para este mércores. EP
photo_camera Previsión para este mércores. EP

O mércores Galicia seguirá na influencia das altas presións centradas ao sur de Irlanda que, xunto coas baixas presións do Mediterráneo, intensificarán a circulación do nordeste.

Espérase unha xornada de ceos pouco nubrados en xeral, con máis nubes no terzo norte, con entrada de nubes altas pola noite.

As temperaturas seguirán sen cambios significativos, e o vento soprará do nordeste moderado con intervalos fortes no litoral da Coruña. 

Temperaturas extremas previstas nas cidades:
A Coruña 9º/16º, Ferrol 8º/17º, Lugo 2º/17º; Ourense 5º/23º; Pontevedra 7º/23º; Santiago 6º/18º; Vigo 11º/22º. 

Comentarios