Mércores de ceos cubertos e orballos

As temperaturas serán agradables, suaves para a época do ano

A pesar de que Galicia quedará este mércores baixo a influencia das altas presións, unha fronte pouco activa chegará polo Atlántico, deixando unha xornada de ceos cubertos con orballos que empezarán pola mañá na franxa atlántica e que pola tarde serán probables en calquera punto da comunidade.

meteo

As temperaturas sufrirán un lixeiro descenso. O vento soprará do suroeste, con intervalos fortes no litoral da provincia da Coruña.

Temperaturas extremas previstas nas cidades: A Coruña 12°/16°, Ferrol 12°/16°, Lugo 9°/16°, Ourense 11°/20°, Pontevedra 11°/17°, Santiago de Compostela 11°/14° e Vigo 13°/18°.

Comentarios