A semana estréase con nubes

METEOGALICIA
photo_camera METEOGALICIA

Galicia estrea unha nova semana con néboas matinais no interior, ceos máis despexados no sur e cubertos na metade norte, onde haberá choivas débiles pola tarde coa chegada dunha fronte pouco activa. 

Atendendo ás previsións de Meteogalicia, nunha xornada na que a comunidade seguirá baixo o dominio das altas presións situadas ao nordeste de Azores, as temperaturas non experimentarán cambios significativos. Ourense e Lugo terán as mínimas máis frescas do mapa urbano, con 8 e 9 graos respectivamente. As máximas moveranse precisamente entre os 16 da capital lucense e os 21 da cidade das Burgas. 

Temperaturas mínimas y máximas previstas
A Coruña      12°     18°    
Ferrol            10°     17°    
Lugo               9°     16°
Ourense         8°     21°    
Pontevedra  10°     20°    
Santiago      10°     17°
Vigo              12°     20°