Nova xornada de calor asfixiante en Galicia

En Lugo alcanzaranse os 33 graos e en Ourense rozaranse os 40
Bañistas nunha praia da provincia de Pontevedra este venres. BEATRIZ CÍSCAR
photo_camera Bañistas nunha praia da provincia de Pontevedra este venres. BEATRIZ CÍSCAR

Galicia seguirá o sábado con influencia anticiclónica, circulación do nordeste e con aire cálido en superficie, polo que se espera unha xornada de ceos despexados en xeral, con algunhas nubes no norte da provincia de Lugo.

Varias cidades galegas rozarán o sábado os 35º e en concreto Ourense achegarase aos 40º.

As temperaturas mínimas ascenderán lixeiramente e as máximas seguirán sen cambios significativos en xeral, con lixeiros descensos nas Rías Baixas e suaves ascensos no terzo norte.

O vento soprará de compoñente norte frouxo, e moderado con intervalos fortes no litoral norte. 

Os principais indicadores das temperaturas para hoxe son os seguintes:
A Coruña 16° 28°, Ferrol 16° 30°, Lugo 14° 33°, Ourense 17° 39°, Pontevedra 19° 32°, Santiago de Compostela 16° 34°, Vigo 22° 31°. 

Comentarios