martes. 22.09.2020 |
El tiempo
martes. 22.09.2020
El tiempo

Nubes para empezar a semana

METEOGALICIA
METEOGALICIA

Galicia inicia a semana con nubes en boa parte do territorio e ata algunha chuvia débil e ocasional na metade norte. É consecuencia da entrada dunha fronte pouco activa polo litoral, pola que os ceos estarán parcialmente cubertos en toda a franxa costeira. 

Cara ao interior, mentres, a xornada será seca e con intervalos de nubes de tipo alto, atendendo á información de Meteogalicia. No que toca aos ventos, comezarán frouxos na primeira parte do día, de compoñente sur, e irán virando a norte. 

As temperaturas non experimentarán cambios significativos, aínda que haberá lixeiros descensos das máximas na franxa atlántica. Así as cousas, moveranse entre os 22 graos da Coruña e Ferrol e os 31 de Ourense.

Todo isto antes de que, a mediados desta semana, chegue a Galicia unha masa de aire cálido.

Temperaturas mínimas e máximas previstas para este luns
A Coruña       17°     23°    
Ferrol             16°     25°    
Lugo              15°     33°
Ourense        18°     36°    
Pontevedra  18°     28°    
Santiago       16°     31°
Vigo               17°     27°

Nubes para empezar a semana