martes. 07.04.2020 |
El tiempo
martes. 07.04.2020
El tiempo

Nubes nun xoves de temperaturas en ascenso

METEOGALICIA
METEOGALICIA

Galicia continúa este xoves entre as altas e baixas presións, con ventos que traen humidade. Así é que o ceo estará moi nubrado en Pontevedra e no sur da Coruña, con algunhas choivas durante a mañá. No resto da comunidade tenderán a abrirse claros co avance do día. 

A previsión de Meteogalicia apunta a que as temperaturas ascenderán entre lixeira e moderadamente. Deste xeito, as máximas alcanzarán os 18 graos en Ourense e os 17 en Pontevedra e Vigo. Lugo, que quedará nos 14, terá a mínima máis baixa do mapa urbano, con 7 graos. Na Boa Vila o termómetro baixará até os 10.

Nubes nun xoves de temperaturas en ascenso