As nubes seguen mandando no ceo en Galicia

METEOGALICIA
photo_camera METEOGALICIA

Galicia continúa este xoves baixo a influencia das baixas presións, polo que non se esperan cambios significativos no plano meteorolóxico. Así é que os mapas de previsións debuxan un ceo no que seguen mandando as nubes, que descargarán chuvascos.

Meteogalicia augura que, nunha xornada na que o vento soprará frouxo do suroeste, as temperaturas tampouco variarán moito. Nas cidades, as mínimas moveranse entre os 15 graos de Lugo e os 19 de Pontevedra, Vigo, A Coruña e Ourense. As máximas acadarán os 22 ou 23 graos.

Temperaturas mínimas e máximas previstas
A Coruña       19°     22°    
Ferrol             18°     22°    
Lugo              15°     22°
Ourense        19°     23°    
Pontevedra   19°     23°    
Santiago       18°     22°
Vigo               19°     23°