As nubes volven a Galicia

METEOGALICIA
photo_camera METEOGALICIA

Galicia recibe este venres unha fronte pouca activa e, con ela, un aumento das nubes. As previsións de Meteogalicia apuntan a que deixarán choiva durante a mañá na costa occidental da comunidade, unhas precipitacións que co avance da xornada chegarán ao norte de Lugo.

Con este panorama, nun día de vento frouxo, as temperaturas mínimas non experimentarán grandes cambios, mentres que as máximas rexistrarán un descenso moderado. Moveranse entre os 19 e os 28 graos.