lunes. 21.10.2019 |
El tiempo
lunes. 21.10.2019
El tiempo

O outono xa asoma: inestabilidade e baixón de temperaturas este venres

Este venres mantense a inestabilidade atmosférica, con ventos de compoñente sur que achegarán moita humidade no litoral.

Así, durante a mañá os ceos estarán parcialmente cubertos, con máis nubes na franxa atlántica con néboas sobre o mar. á tarde iranse retirando as néboas e formaranse nubes de evolución no interior que deixarán chuvascos máis probables nas provincias de Lugo e Ourense.

As temperaturas mínimas quedarán sen cambios significativos mentres que as máximas sufrirán un moderado descenso na metade oeste e quedarán sen cambios no leste.

O vento soprará frouxo de compoñente sur.

Estas son as temperaturas mínimas e máximas previstas nas principais cidades:

A Coruña 17°/ 21°; Ferrol 17°/ 22°; Lugo 16°/27°; Ourense 16°/31°; Pontevedra 15°/20°; Santiago 14°/    21°; Vigo 15° /20°

O outono xa asoma: inestabilidade e baixón de temperaturas este venres
Comentarios