jueves. 01.10.2020 |
El tiempo
jueves. 01.10.2020
El tiempo

Outra xornada de inestabilidade meteorolóxica en Galicia

Prognóstico do tempo. METEOGALICIA
Prognóstico do tempo. METEOGALICIA
As temperaturas mínimas quedarán sen cambios significativos, e as máximas sufrirán un descenso entre lixeiro e moderado

A situación meteorolóxica desta xornada continuará sendo moi indefinida xa que as altas presións atoparanse retiradas ao oeste de Azores e unha zona de baixas presións situarase ao norte da península Ibérica.

Deste xeito agardamos un día de ceos máis anubrados no oeste da comunidade, con chuvias intermitentes, e ceos máis abertos no leste, con chuvascos ocasionais pola tarde nas áreas de montaña. As temperaturas mínimas quedarán sen cambios significativos, e as máximas sufrirán un descenso entre lixeiro e moderado.

Os ventos soprarán frouxos de compoñente sur, aumentando a moderados pola tarde, e no litoral, moderados con intervalos fortes entre Estaca de Bares e Fisterra.

As temperaturas agardadas para esta xornada son as seguintes:

A Coruña 15 º 24 º
Ferrol 14 º 24 º
Lugo 12 º 22 º
Ourense 14 º 25 º
Pontevedra 15 º 23 º
Santiago de Compostela 14 º 20 º
Vigo 15 º 22 º

Outra xornada de inestabilidade meteorolóxica en Galicia
Comentarios