miércoles. 27.01.2021 |
El tiempo
miércoles. 27.01.2021
El tiempo

O primeiro fin de semana do ano arrinca cun descenso das temperaturas pero sen chuvia

Chuvascos no norte e xeadas xeneralizadas no interior

Durante o sábado continuará entrando o aire procedente do Ártico a Galicia. Con esta situación, agárdanse ceos con alternancia de nubes e claros no sur, con máis nubes canto máis ó norte, onde haberá chuvascos, que serán de neve por riba dos 600 metros.

Captura

As temperaturas mínimas descenderán lixeiramente, polo que as xeadas serán xeneralizadas no interior, mentres que as máximas non terán cambios significativos.

Os ventos soprarán de compoñente norte, moderados na costa e máis frouxos no interior. 

Temperaturas mínimas e máximas previstas nas cidades:
A Coruña 3º 9º

Ferrol 4º 9º

Lugo 1º 7º

Ourense 1º 10º

Pontevedra 4º 9º

Santiago 3º 8º

Vigo 4º 11º

O primeiro fin de semana do ano arrinca cun descenso das...
Comentarios