Sergio Pazos: ''É incomestible que haxa xente que vai a certos programas de televisión a criticar cobrando''

O actor natural de Ourense e coñecido en Galicia polos seus papeis teatrais e na serie televisiva "Pratos combinados", participa agora na serie "Cuéntame" de RTVE e percorre cidades de España presentando o seu libro "Diario de un homber políticamente incorrecto". No acto da sua cidade natal, reuniu amigos e músicos do grupo "Burgas Beat" que o acompañaron con temas "clásicos" como "La vida sigue igual" do cantante de orixe galega pero "exiliado" en América, Julio Iglesias (según dixo Carlos Rego na presentación dos temas) ou "Me pica un huevo" de , grupo vigués que Rego lembrou descubrir nun concerto en Ribadavia ó que foi con Sergio Pazos no coche furtado a sua nai.

                                          

Pregunta: Cal é a sua comida favorita e cal a que menos lle gusta?

Resposta
: As lentexas das de verdade, que normalmente son as que fai a nosa nai ou avoa sen presas e para comer o día seguinte. Xa me poden poñer uns percebes, que me encantan, pero con ambos pratos a escoller vou polas lentexas. Para escoller algo que non me guste é difícil. E xeral son de bo comer pero lembro que en Kenia, cando fun concursante do "reality show" "Aventura en África", tiven que comer saltamontes sen nada. Eu podo comer calqueira cousa si se pode adobar con aceite, allo e sal pero aqueles saltamontes non levaban nada deso, e estaban noxentos...co ricos que estarían con alliño e sal como as gambas ó "ajillo".

P: Cal é a sua bebida preferida e cal a que menos pide?

R: Prefiro os viños e entre eles, os tintos, pero depende do momento e do que vou comer. Me gustan "Albariños" e "Ribeiros" para o peixe pero tamén me gusta o tinto e teño a sorte de que, polo meu traballo, como moitas veces con Juan Echanove e con Imanol Arias que ten accións na adega Cepa 21 onde se elaboran viños "Ribera del Duero", e falamos moito de viños e comidas.
Tamén son amante dos bós licores galegos, como o licor café que me trae lembranza de cando á volta do cole, atopábamos a miña avoa na casa dandolle voltas o garrafón onde o facía e ía probando para axustarlle o zucre e o augardente. A miña avoa tiña o brazo dereito máis grande por este motivo e canto estaba todo no seu punto, deixabao repousar así que cando saía dalí o primeiro vaso, o licor era crema pura. Pois eso, que me gusta o bó licor, ese no que non eres capaz de distinguir o café do augardente.
O que non me gusta beber nunca é "Cocacola" pois dende neno son de "Pepsi" e había rivalidade. Tampouco me gusta o gin "Larios" que era o que tomábamos cando había poucas pelas.

P: Ten un postre favorito? de quen?

R: Entre os caseiros me gusta a leite frita da miña tía Purita que agora xa está amior para facela. Tamén é un postre que ela facía o día anterior para que enfriase pero ademáis, xusto antes de levalo á mesa, fretíao un pouco e así, cando o comíamos estaba cremoso e medio derretido...huuuumm. En canto os postres de fora de casa, tiven a sorte de ir o restaurante de Martín Berasategui a tomar un menú degustación e aí descubrín o xeado de aceite de oliva e cómo facelo.

P: Na cocina, ¿que tal se desenvolve e que prato se lle da mellor?
 
R: Na cociña moi ben, de feito tiven unha tortillería en Ourense chamada "A Pita Tola", na praza de San Cosme, e eu cociñaba e son un tortilleiro nato, vamos, era o tipo con máis ovos de Ourense, salvando o equipo de baloncesto que daquela estaba patrocinado pola empresa de pitas Coren. Gústame a cociña, a aínda que non sei moito de reduccións, podo inventar un prato en cinco segundos cos ingredientes que me den. Son "cocinillas" e fago, ademáis das tortillas, un "bacallao desmigao" para o cal (aí ven unha receita)... preparo cebola na sartén e logo engado o bacallao pero hai que sacalo cando aínda está bastante crú. Faise enseguida e engádolle pasas ou piñóns e logo unha cullerada de mel.

P: Algún segredo recén descuberto que utilice na cociña?

R: Pois sí, aprendéronme a facer o "fumet" de langostinos e gambas pero aproveitándolle todo. Hai que cociñalos sacándolle todo o xugo sen tirar as cabezas que se pasan pola sartén e logo se machacan, e con esa salsa se come o resto.

P: ¿Comidas de dous pratos e postre ou mellor tapeo?

R: Eu son máis de tapeo pois xa me cansa estar moito tempo na mesa. Son moito de picar e mesturar. Xa de pequeno, facía uns bocadillos dese tipo e no mesmo puña chocolate con plátano, que é o máis rico que hai. Tamén lembro que de pequeno chegaba a casa os irmaos chegábamos a casa antes ca miña nai, así que ela deixaba a enfriar o leite fervido e nós, nada máis chegar, roubabámoslle a nata que ela quería gardar para facer bica, e nós a comíamos antes con azúcar, chocolate ou "nocilla". Sempre a facíamos enfadar con esto.

P: ¿É vostede clásico ou máis ben innovador no tocante á comida?

R: Na cociña gústame inventar porque normalmente teño pouco tempo. Como comensal son más ben clásico.

P: ¿Carne ou peixe?

R: Máis de peixe e espcialmente amante do bacallao feito de calqueira xeito posible, aínda que prefiro o tradicional "á portuguesa" que creo que se chama "á Gomes de Sá". Creo que o preparan primeiro na prancha e logo engaden as patacas e a cebola casi acaramelada.

P: Entre os alimentos favoritos ¿hai algún imprescindible, por exemplo para momentos de tensión?

R: Todos los días, excepto cando estou de viaxe, tomo pola mañá un zumo de kiwi, plátano, mazá e algunha outra froita de tempada. Engádolle algo de zumo envasado e tomo medio litro sen colar.

P: ¿Lembra algún prato recén descuberto e que lle resultase unha sorpresa agradable?

R: Entre as sorpresas agradables de tipo gastronómico está o resultado que da cocer ovos, en lugar de enteiros e con casca, soltos nunha bolsa de plástico metida en auga quente. Logo quedan ca forma da bolsa e incluso dan para mollar pan neles. Tamén me sorprendeu gratamente o sangue dos animais que os masais extraen nun ritual no que abren un buratiño no pescozo do animal, beben e logo péchano. Eu probei ese sangue quente e estaba moi bó.

P: E unha experiencia sorprendente pero desagradable?

R: O máis desagradable sempre é ter que pagar a conta no restaurante.

P: Por que prato sinte curiosidade e non coñece máis que por referencias?

R: Bueno, coñecía de oídas as alcachofas preparadas recén collidas e xa as comín en Logroño. Son manteiga pura. Pero teño pendente ir a probar o carneiro ó espeto de Moraña. Teñen unha festa con este manxar e espero que me inviten algún día.

P: Quen ou que cousa están para comelos?

R: Meu compañeiro Tonino porque é tan tenro e bó con nos que si se deixara e puidera comer, se comería...ñam ñam ñam.

P: Quen ou que cousa están para rillalos por unha perna?

R: É incomestible o que está pasando con certos programas da televisión donde en lugar de educarnos ou entreternos o que fan é demostrar que o ser humano é parvo e non podo creer o da xente que vai a criticar cobrando.

P: ¿Pensa que somos o que comemos?

R
: No aspecto cultural sí. Somos de unha zona concreta, con unha climatoloxía e orografía que nos dan productos que son o acervo gastronómico e cultural que nos ven de sempre. Además, somos animais depredadores e podemos cambiar as nosas preferencias, aínda que todo o anterior, algo marca.

P: Que lle suxire a frase pola boca morre o peixe?

R: Con esa frase véñenme á cabeza os políticos, que son tan divertidos que se morreran polas veces que minten...xa serían peixes.

Comentarios