miércoles. 30.09.2020 |
El tiempo
miércoles. 30.09.2020
El tiempo

Soben as temperaturas

As altas presións estenderanse desde Azores até o norte de Europa, de modo que este venres espérase ceo pouco anubrado ou despexado en xeral. 

Segundo a información de Meteogalicia, dependente da Consellería de Medio Ambiente, este venres o vento soprará do nordés, moderado, con intervalos fortes na Costa da Morte. 

Pola súa banda, as temperaturas mínimas non experimentarán cambios significativos, con lixeiros descensos das mínimas no interior, mentres que as máximas terán un moderado ascenso. 

Así, as máximas subirán até os 25 graos en Ourense e Pontevedra e as mínimas descenderán até o catro graos en Lugo. 

Soben as temperaturas
Comentarios