O sol abrirase paso este mércores

A xornada comezará con nubes baixas en Galicia, pero pola tarde predominará o anticiclón
Mapa con la previsión de Meteogalicia
photo_camera Mapa coa previsión de Meteogalicia

Galicia vivirá este mércores unha xornada intermedia entre altas e baixas presións, con máis predominio do anticiclón e estabilidade a partir do mediodía. Así, segundo o prognóstico de Meteogalicia, comezará o día con intervalos de nubes baixas e aínda coa posibilidade dalgún chuvasco no noroeste da comunidade, para dar paso a ceos pouco nubrados ou despexados. 

As temperaturas mínimas sufrirán un moderado descenso, e as máximas quedarán sen cambios ou experimentarán lixeiras baixadas. Así, nas grandes urbes galegas os termómetros tocarán teito nos 19 graos en Lugo, A Coruña ou Ferrol, mentres que en Vigo e Pontevedra chegarase aos 21 e 22 graos, respectivamente, e en Ourense  aos 23º.

En canto aos valores mínimos, situaranse en 9 graos na cidade das Burgas, 10 graos na capital lucense, 11º en Pontevedra ou Vigo e 13º na Coruña.

Comentarios