O sol brillará este xoves pola tarde en gran parte de Galicia

Os ceos estarán parcialmente cubertos pola mañá, pero co avance da xornada quedarán pouco nubrados ou despexados
Mapa coa previsión de Meteogalicia. EP
photo_camera Mapa coa previsión de Meteogalicia. EP

Galicia recuperará este xoves de xeito transitorio a influencia anticiclónica, polo que os ceos estarás parcialmente cubertos pola mañá e co avance da xornada quedarán pouco nubrados ou despexados. Segundo detallou Meteogalicia, as temperaturas mínimas sufrirán un moderado descenso, mentres que as máximas non terán cambios significativos. 

Así mesmo, o vento soprará frouxo de compoñente norte, aumentando en intensidade pola tarde nas Rías Baixas

Os termómetros nas grandes urbes galegas chegarán aos 26 graos en Pontevedra, Ourense e Vigo, mentres que en Lugo non superarán os 22º no momento de máis calor da xornada. En canto aos valores máis baixos, marcarán os 13 graos na capital lucense, os 14º en Compostela e os 16 graos na Boa Vila e Ferrol. 

Comentarios