jueves. 17.06.2021 |
El tiempo
jueves. 17.06.2021
El tiempo

O sol estará presente nos ceos galegos este martes

Xente paseando e nas terrazas en Lugo. XESÚS PONTE
XESÚS PONTE
As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso, mentres que as máximas experimentarán un moderado ascenso

Galicia quedará durante o martes baixo a influencia das altas presións. Con esta situación, agárdanse bancos de néboa matinais en zonas de interior, que darán paso a ceos con poucas nubes, algunhas de tipo alto pero que non impedirán o paso do sol.

As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso, mentres que as máximas experimentarán un moderado ascenso. Os ventos soprarán de compoñente norte, moderados no litoral atlántico e frouxos no resto.

meteogalicia

O sol estará presente nos ceos galegos este martes
Comentarios