Sol e máximas primaverais para comezar a semana

As temperaturas serán altas para a época do ano. Poderían alcanzarse os 20 graos
Previsión para este luns. METEOGALICIA
photo_camera Previsión para este luns. METEOGALICIA

Galicia inicia o luns unha semana baixo a influencia anticiclónica, de modo que haberá ceos pouco nubrados ou despexados en xeral, salvo pola presenza dalgunhas nubes baixas dispersas en puntos do litoral atlántico, segundo a predición Meteogalicia. 

As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso, mentres que as máximas non experimentarán cambios ou terán lixeiros ascensos. 

Os ventos serán do suroeste, moderados pola mañá, diminuíndo de intensidade durante o día. 
Temperaturas mínimas e máximas previstas para o luns en Galicia: 

A Coruña 12°/19° Ferrol 11°/19° Lugo 9°/17°; Ourense 12°/21° Pontevedra 12°/20° Santiago 7°/17°; Vigo 12°/19°. 

Comentarios