viernes. 23.04.2021 |
El tiempo
viernes. 23.04.2021
El tiempo

Temperaturas por enriba dos 20 graos para un domingo de sol

METEOGALICIA
METEOGALICIA

Galicia chega ao último domingo de marzo con sol e temperaturas en ascenso, máis acusado nas máximas. Así é que os termómetros superarán os 20 graos en boa parte da comunidade, incluídas as sete principais cidades. VigoPontevedra e Ourense, de feito, alcanzarán os 25.

Atendendo á información de Meteogalicia, que anuncia ventos frouxos, a diferenza térmica da xornada será máis que notable, xa que pode haber máis de 20 graos entre a mínima e a máxima. É o caso de Lugo, onde se espera a mínima máis baixa do mapa urbano, con 2 graos. A diferenza será menor en Pontevedra, que se moverá entre os 10 e os 25 graos.

Temperaturas por enriba dos 20 graos para un domingo de sol