viernes. 14.08.2020 |
El tiempo
viernes. 14.08.2020
El tiempo

Tempo estival para empezar a semana

METEOGALICIA
METEOGALICIA

Arrinca unha nova semana con poucos cambios no plano meteorolóxico para Galicia, que segue baixo o efecto das altas presións situadas ao leste de Azores. Así é que o ceo estará despexado en xeral, aínda que Meteogalicia prevé que pode haber algunhas nubes de estancamento durante a mañá no norte de Lugo e A Coruña. Xa pola tarde, podería rexistrarse algún chuvasco tormentoso no sueste da provincia de Ourense.

No que respecta aos termómetros, non se esperan cambio nas mínimas, mentres que as máximas poden descender lixeiramente nalgúns puntos da comunidade. Aínda así, Pontevedra alcanzará os 35 graos, Vigo os 34 e Ourense os 33. Mentres, Lugo quedará nos 25 e marcará tamén a mínima máis baixa do mapa urbano, con 15 graos.

Tempo estival para empezar a semana