O tempo seguirá inestable este domingo e as choivas persisten

Mapa da previsión do tempo para este domingo.METEOGALICIA
photo_camera Mapa da previsión do tempo para este domingo.METEOGALICIA

O domingo non se esperan apenas cambios na situación meteorolóxica, coas baixas presións preto de Galicia, achegando moita inestabilidade.

Desta forma, continuarán os intervalos nubrados, con chuvascos que ocasionalmente poderían vir acompañados de aparello eléctrico polo oeste.

As temperaturas non experimentarán cambios significativos, con lixeiros ascensos das mínimas. Os ventos soprarán de compoñente sur con intervalos fortes no litoral e zonas altas do interior. 

Temperaturas mínimas e máximas previstas nas cidades:
A Coruña 14º 17º

Ferrol 14º 18º

Lugo 11º 16º

Ourense 14º 18º

Pontevedra 14º 18º

Santiago 13º 16º

Vigo 14º 19º.

Comentarios