Un frío salvaxe 

Consulta o adianto do suplemento do Táboa Redonda deste domingo

María Valcárcel escribe sobre o cinema angustiado de Ingmar Bergman, finado hai dez anos. Nacho Mojón describe o estrano de ligar. Portorosa lembra a sensatez que transmite o mundo cando Martin Munkácsi o fotografa en branco e negro. María Piñeiro comenta a orixinalidade do xornalismo de Enmamnuel Carrère co gallo de Conviene tener un sitio adonde ir. Javier Nogueira asómbrase pola loita ciclópea de Beethoven contra a súa xordeira tras ler a nova biografía de Jan Swafford. Antonio Costa lembra o regreso ás súas orixes armenias do escritor californiano William Saroyan. Jaureguizar fala sobre o misterio de Rosalía de Castro e dos dous escritores máis elegantes das letras galegas: Marina Mayoral e Lois Pérez.
 

Comentarios